domingo, 13 de junio de 2010

REMATOU O NOSO PASO POLA PISCINA ESTE CURSO

Así aconteceu nos distintos ciclos o último día de piscina neste curso que se nos escapa das mans.
Os alumnos de Infantil,primeiro, segundo e terceiro ciclo despedíronse das actividades acuáticas realizadas na piscina de Cee.
Conseguiron obxectivos como a familiarización coa auga,deslizamentos pola piscina con e sen material auxiliar,xiros,saltos, lanzamentos e outros xogos na piscina grande e pequena. E sobre todo o máis importante disfrutaron como peixes na auga e nunca mellor dito.
Botade unha ollada!!
SEGUNDO CICLO



PRIMEIRO CICLO

martes, 1 de junio de 2010

ASI PATINAMOS NOS MUÍÑOS

O alumnado de primario do CEIP OS MUIÑOS está preparado para deslizarse!!;comezamos neste terceiro trimestre a unidade didáctica chamada "Os piratas aprenden a patinar".
Algúns destes nenos xa habían patinado anos anteriores no centro,para outros a actividade era nova;pero ainda así para todos é un disfrute a sensación de desprazarse sobre rodas.
Botade un ollo e veredes o ben que o pasan!.