lunes, 26 de abril de 2010

UNHA VENDA NOS OLLOS...

Así escomezou a nosa andadura pola nova unidade didáctica adicada aos xogos adaptados ás distintas discapacidades físicas e sensoriais có fin de facer sentir aos alumnos sensacións e situacións diarias polas que pasan as persoas que teñen algún tipo de necesidade específica.
Neste caso a primeira coa que traballamos foi a falta de visión;para iso fixemos uns antifaces coa axuda da profe Isabel e pedimos prestado material didáctico á O.N.C.E. da Coruña que deixounos entre outras cousas o balón de goal-ball(deporte practicado polos cegos),o boneco Brailín,libros de prelectura en sistema braille,contos infantís escritos en braille, un libro de anatomía en braille e imaxes en relevo(precioso e moi didáctico),etc...
Foron unhas sesións prácticas difíciles nalgúns momentos debido á inseguridade que provoca nos nenos e nos maiores a sensación de non ver,pola posibilidade de tropezar,caer, chocar...e un sinfín de cousas que se nos escapan das mans cando non vemos e percibimos o entorno De forma automática poñemos en marcha outros sentidos como o oído ou o tacto;pero a mairoría dos alumnos non os tiñan moi desarrollados,debido ao uso preferente do sentido da vista.Algún alumno decía que incluso non escoitaba ben cos ollos tapados...
Pero o que quedou claro é que valeu a pena por en marcha dita iniciativa e queda plasmado no vídeo que aparece a continuación das sensacións variadas que se produxeron e a nosa intención de que os alumnos empaticen con este tipo de discapacidade.

martes, 13 de abril de 2010

XOGOS PARA TOD@S

COMEZAMOS O TERCEIRO TRIMESTRE CUNHA UNIDADE DIDÁCTICA DESTINADA Á SENSIBILIZACIÓN POR PARTE DOS ALUMNOS DE SENSACIÓNS DISTINTAS ÁS HABITUAIS.
QUEREMOS QUE SENTAN NA SÚA PEL AS NECESIDADES, POSIBILIDADES,SITUACIÓNS DE DISTINTAS PERSOAS CON DISCAPACIDADES.
NESTE CASO TRABALLAMOS A FALTA DE VISIÓN;PARA ISO USAMOS UNS ANTIFACES FEITOS POLA COMPAÑEIRA ISABEL. OS ALUMNOS SE DESPRAZAN POLO ESPACIO COA AXUDA DUN GUÍA,IMPRESCINDIBLE PARA PODER DESPRAZARSE POLO CENTRO SIN MANCARSE.
A FUNCIÓN DOS GUÍAS NON É FÁCIL DADO QUE DEBEN PROPORCIONAR MULTITUD DE INFORMACIÓNS SOBRE OS ELEMENTOS QUE SE VAN ATOPANDO POLO ESPAZO CERCANO;E PARA OS QUE LEVAN O ANTIFAZ NON LLES RESULTA MOI AGRADABLE, PORQUE SINTEN MEDO A CAER,TROPEZAR...ESCURIDADE, FRÍO...MULTITUD DE SENSACIÓNS EXTRAÑAS ÁS QUE NON ESTÁN ACOSTUMADOS.
É UNHA ACTIVIDADE DIFERENTE ÁS REALIZADAS ATA AGORA NO CENTRO,PERO QUE LLES SIRVE PARA REFLEXIONAR SOBRE A VIDA QUE LEVAN PERSOAS QUE TEÑERN DIFICULTADES NA SÚA VISIÓN.
ESPEREMOS QUE LOGREN UN PEQUENO ACHEGAMENTO AO MUNDO DESTAS PERSOAS.
PARA O DESENROLO DESTA ACTIVIDADE PRIMEIRO VIMOS UNS VÍDEOS SOBRE ACTIVIDADES PARA CEGOS,ENTRE ELAS O BALÓNGOAL,DEPORTE PARAOLÍMPICO,E QUE INTENTAREMOS POR EN MARCHA NUN DÍAS.
ADIANTE CHICOS, PODEMOS!

ALUMNADO DO SEGUNDO CICLO NA PISCINA DE CEE

Os alumnos de 3º e 4ºcurso do noso centro acudiron o pasado día 9 á piscina de Cee por segunda vez neste curso.
Probaron con todo tipo de material auxiliar: cinturóns, churros,táboas,pull bois...para desprazarse e nadar de diferentes formas e logo xogaron na piscina pequena.
Cando saíron da piscina todos recoñecían... A FAME que da a piscina!!

sábado, 3 de abril de 2010

XORNADA DEPORTIVA EN BAÍÑAS

Acudimos ao CEIP de BAÍÑAS para xogar outra xornada deportiva e coñecer aos nenos,mestres e instalacións dese centro.

viernes, 2 de abril de 2010

XORNADA DEPORTIVA EN VIMIANZO

Acudimos ao CEIP SAN VICENZO de Vimianzo có fin de facer unha xornada lúdico-deportiva cos nenos e mestres dese centro.
Os xogos practicados foron brilé,balón torre e fútbol sala.
A xornada celebrouse con normalidade e diversión por parte dos nenos de ambos centros.

PARAOLIMPIADAS NOS MUÍÑOS

No terceiro trimestre traballaremos unha unidade didáctica denominada XOGOS PARA TOD@S,que ten como obxectivo principal a vivenciación por parte dos nenos de discapacidades físicas:motoras e sensoriais (auditivas e visuais)especialmente.
Con este motivo as últimas sesións do final do segundo trimestre foron de introducción a dita unidade didáctica.Como se aprecia no vídeo os nenos xogan a brilé ou balñon torre entre outros xogos,e fan todo tipo de actividades,dende asearse e cambiarse de roupa, ata atarse un cordón dun tenis, cun só brazo, xa que o o outro téñenno oculto baixo a camiseta,todo o brazo incluida a man.
Deste xeito fixeron un par de sesións de educación física;o obxectivo é que polo menos vivencien na súa pel as sensacións que viven estas persoas en canto a ter que utilizar outros recursos propios ou incluso pedindo aos demais que lle boten unha man (houbo algunha clase de primaria que entre dúas persoas ataron uns tenis, cada un con unha man).
Pretendemos a sensibilización dos nosos nenos con colectivos menos favorecidos por algún tipo de discapacidade;que abran os seus ollos á sociedade que hai aí fora;que comprendan que moita xente con algunha minusvalía fai unha vida "normal"en canto a desenvolver un traballo, a facer actividade deportiva e competir ,pero sempre ten que estar loitando contra algún tipo de barrera arquitectónica ou doutro tipo, ainda así siguen adiante,facéndose valer.

De momento só foi un comezo desta unidade didáctica, pretendemos facer moito máis, a través da visualización de vídeos,ler xornais deportivos,e seguir vivenciando na súa pel actividades de sensibilización, que é a forma de comprender aos demais e os seus problemas.

OS PEQUES DE INFANTIL NA PISCINA

Nos vídeos que aparecen a continuación feitos pola profe Begoña de infantil vemos aos nosos pequenos piratas na piscina de Cee no segundo trimestre.
Como se aprecia no vídeo están facendo moitos progresos, tendo en conta que é a segunda vez que acudimos con eles á piscina neste curso, e a maior parte dos nenos de 4 e 5 anos xa se defenden solos na piscina, de momento con material auxiliar como churros,cinturóns,etc e sempre baixo o control dos monitores da piscina e das súas mestras.
As caras dos nenos é un reflexo da súa satisfacción por verse independentes nun medio ao que son alleos, a auga,e o feito de poder desprazarse de forma libre é para eles un gran avance e avance persoal.
Da gusto velos así!!





jueves, 1 de abril de 2010

Primeiro ciclo coma peixiños na auga!

Os pequenos do primeiro ciclo de primaria do noso centro foron á piscina con moitísima ilusión e ganas de xogar e pasar unha mañá distinta á que pasan no centro entre libros, fichas,debuxos,etc;así que unha vez ao trimestre e para finalizalo con alegría acudimos a piscina de Cee, para ir introducíndoos pouco a pouco no mundo acuático.

O terceiro ciclo volta á piscina de Cee



Os alumnos do terceiro ciclo do CEIP OS MUIÑOS acudiron á súa cita trimestral á piscina de Cee;o obxectivo principal da actividade e´acercar aos pequenos e maiores do centro ao mundo acuático, neste caso á piscina pola facilidade da existencia de monitores e socorristas que facilitan o acercamento dos nenos á auga, especialmente para aqueles que nunca estiveron nunha piscina ou que non teñen moita relación có mundo acuático.
Pensamos que e´ unha forma sá e divertida de facer actividade deportiva e lúdica ao mesmo tempo;e aos nenos encántalles esta saída deportiva.