domingo, 24 de enero de 2010

CARREIRA PASADA POR AUGA !


O venres 22 de xaneiro acudiron 3 alumnos do noso centro á Carreira de Campo a través celebrada na Pobra do Caramiñal,era a fase intercomarcal.

Os alumnos seleccionados da anterior carreira clasificatoria celebrada en Camariñas foron Zoraida e Alberto de terceiro curso e Fernando de quinto curso.

Ata alí fomos un día gris,escuro e sobre todo chuvioso como o que máis en todo o inverno que levamos...na viaxe estivemos acompañados polas nais dos alumnos e polos coles do arredor: Vilarmide,Eugenio López e Dumbría;pese a todas as inclemencias meteorolóxicas e dunha viaxe longa en autobus ata A Pobra os nenos temblaban,non solo de frío..os nervios apreciábanse no ambente;compartidos por tódolos nenos .

A pesar de chover a mares a carreira celebrouse con normalidade,pero pasada por auga, os nenos,ainda que estaban empapados, correron estupendamente ben; e quedaron moi ben situados entre os 15 primeiros en chegar á meta;ainda que non se clasificaron para a seguinte fase;pero dende o meu punto de vista son uns CAMPEONES !!! e sónos queda darlles a NORABOA por esa clasificación e por facernos disfrutar da súa carreira.


NORABOA CAMPEONES!!

sábado, 23 de enero de 2010

A VISITA DE BRINQUEDIA NO COLE !

A semana pasada achegáronse ao noso centro uns profes pertencentes ao colectivo Brinquedia, que teñen como cometido o fomento dos xogos populares galegos.
Grazas por facernos pasar unha tarde tan divertida, Brinquedia!

jueves, 21 de enero de 2010

O SEGUNDO CICLO ACUDE Á PISCINA

Estamos a volta das vacacións do Nadal e o segundo ciclo do C.E.I.P Os Muíños foi darse o chapuzón de rigor á piscina de Cee, mirade como disfrutaron.