miércoles, 16 de diciembre de 2009

OS PIRATAS VAN Á PISCINA!!




























































































O ALUMNADO DO CEIP OS MUÍÑOS ACUDIU Á PISCINA DE CEE NESTE MES DE DECEMBRO.
Có fin de familiarizar aos pequenos có medio acuático e disfrutar dunha xornada lúdica deportiva distinta á que reciben no centro levámolos a facer unha sesión na piscina de Cee;polo momento asistiron os alumnos de infantil,primeiro e terceiro ciclo;falta o alumnado de segundo ciclo, que debido a´suspensión das clases o mércores 16 non puideron asistir a súa cita na piscina, pero aplazarémola ata a volta do nadal;así que preparádevos que vos toca á volta,peixiños.
Como se pode apreciar nas suas caras, pasáronno estupendamente ben, e de feito pregúntannos si imos voltar.
A verdade é que ese día despois da piscina acabaron rendidos do cansancio, e os profes tamén!!;pero foi reconfortante velos alí divertíndose.

3 comentarios:

Niño da Curuxa dijo...

As fotos non teñen desperdicio. Dá gusto velos disfrutar coa auga. Gusto e envexa. Non sei se matricularme neste cole para o ano que vén. Parabéns, profes, polo entusiasmo e a entrega.

Estela dijo...

Pola miña parte só podo agradecer a implicación dos mestres asistentes,sin eles non poderiamos facer estas actividades.
Si queres apuntarte para a próxima non hai problema!

sillobre dijo...

Quen dixo que non era divertido ir ó cole? Con mestres como estes apuntámonos a calquera aventura pirata. Ánimo capitana Estela, estamos contigo.