
O venres 22 de xaneiro acudiron 3 alumnos do noso centro á Carreira de Campo a través celebrada na Pobra do Caramiñal,era a fase intercomarcal.
Os alumnos seleccionados da anterior carreira clasificatoria celebrada en Camariñas foron Zoraida e Alberto de terceiro curso e Fernando de quinto curso.
Ata alí fomos un día gris,escuro e sobre todo chuvioso como o que máis en todo o inverno que levamos...na viaxe estivemos acompañados polas nais dos alumnos e polos coles do arredor: Vilarmide,Eugenio López e Dumbría;pese a todas as inclemencias meteorolóxicas e dunha viaxe longa en autobus ata A Pobra os nenos temblaban,non solo de frío..os nervios apreciábanse no ambente;compartidos por tódolos nenos .
A pesar de chover a mares a carreira celebrouse con normalidade,pero pasada por auga, os nenos,ainda que estaban empapados, correron estupendamente ben; e quedaron moi ben situados entre os 15 primeiros en chegar á meta;ainda que non se clasificaron para a seguinte fase;pero dende o meu punto de vista son uns CAMPEONES !!! e sónos queda darlles a NORABOA por esa clasificación e por facernos disfrutar da súa carreira.
NORABOA CAMPEONES!!
1 comentario:
O de campións meréceno tan só por ter o ánimo de participar!
Publicar un comentario