lunes, 26 de abril de 2010

UNHA VENDA NOS OLLOS...

Así escomezou a nosa andadura pola nova unidade didáctica adicada aos xogos adaptados ás distintas discapacidades físicas e sensoriais có fin de facer sentir aos alumnos sensacións e situacións diarias polas que pasan as persoas que teñen algún tipo de necesidade específica.
Neste caso a primeira coa que traballamos foi a falta de visión;para iso fixemos uns antifaces coa axuda da profe Isabel e pedimos prestado material didáctico á O.N.C.E. da Coruña que deixounos entre outras cousas o balón de goal-ball(deporte practicado polos cegos),o boneco Brailín,libros de prelectura en sistema braille,contos infantís escritos en braille, un libro de anatomía en braille e imaxes en relevo(precioso e moi didáctico),etc...
Foron unhas sesións prácticas difíciles nalgúns momentos debido á inseguridade que provoca nos nenos e nos maiores a sensación de non ver,pola posibilidade de tropezar,caer, chocar...e un sinfín de cousas que se nos escapan das mans cando non vemos e percibimos o entorno De forma automática poñemos en marcha outros sentidos como o oído ou o tacto;pero a mairoría dos alumnos non os tiñan moi desarrollados,debido ao uso preferente do sentido da vista.Algún alumno decía que incluso non escoitaba ben cos ollos tapados...
Pero o que quedou claro é que valeu a pena por en marcha dita iniciativa e queda plasmado no vídeo que aparece a continuación das sensacións variadas que se produxeron e a nosa intención de que os alumnos empaticen con este tipo de discapacidade.

3 comentarios:

David y sindy dijo...

Estibo moi chulo o goat baal.Haber se o podemos repetir algun dia .
David gil y Sindy

andrea e leti dijo...

andrea soneira e leti...

estivo moi wai aínda que o que levava os ollos tapados sentia un pouco de medo pero hainda podemos vover a repetilo algun dia

fani e irene dijo...

fani e irene ......
Foi interesante porque sentiamonos perdidos no colexio e tiñamos medo por que non viamos nada.
Solo podiamos orientarnos seguindo os ruidos do cascabel e polos nosos compañeiros.