viernes, 2 de abril de 2010

PARAOLIMPIADAS NOS MUÍÑOS

No terceiro trimestre traballaremos unha unidade didáctica denominada XOGOS PARA TOD@S,que ten como obxectivo principal a vivenciación por parte dos nenos de discapacidades físicas:motoras e sensoriais (auditivas e visuais)especialmente.
Con este motivo as últimas sesións do final do segundo trimestre foron de introducción a dita unidade didáctica.Como se aprecia no vídeo os nenos xogan a brilé ou balñon torre entre outros xogos,e fan todo tipo de actividades,dende asearse e cambiarse de roupa, ata atarse un cordón dun tenis, cun só brazo, xa que o o outro téñenno oculto baixo a camiseta,todo o brazo incluida a man.
Deste xeito fixeron un par de sesións de educación física;o obxectivo é que polo menos vivencien na súa pel as sensacións que viven estas persoas en canto a ter que utilizar outros recursos propios ou incluso pedindo aos demais que lle boten unha man (houbo algunha clase de primaria que entre dúas persoas ataron uns tenis, cada un con unha man).
Pretendemos a sensibilización dos nosos nenos con colectivos menos favorecidos por algún tipo de discapacidade;que abran os seus ollos á sociedade que hai aí fora;que comprendan que moita xente con algunha minusvalía fai unha vida "normal"en canto a desenvolver un traballo, a facer actividade deportiva e competir ,pero sempre ten que estar loitando contra algún tipo de barrera arquitectónica ou doutro tipo, ainda así siguen adiante,facéndose valer.

De momento só foi un comezo desta unidade didáctica, pretendemos facer moito máis, a través da visualización de vídeos,ler xornais deportivos,e seguir vivenciando na súa pel actividades de sensibilización, que é a forma de comprender aos demais e os seus problemas.

6 comentarios:

sillobre dijo...

Paréceme unha iniciativa estupenda, unha maneira de traballar a empatía e a igualdade de oportunidades entre os que se sinten menos capaces. Noraboa.

Estela dijo...

O mérito é dos nenos que participan nas actividades,ainda que as veces fan trampas en canto a non poder usar algunha parte do seu corpo,ou non mirar...pero é un pequeno acercamento aos sentimentos e sensacións que teñen os discapacitados na súa vida cotiá e todas as barreirras que teñen que superar todos os días;hai moitas cousas que deberiamos aprender deles,sobre todo o espíritu de superación.

Anónimo dijo...

eu paseino mui bn ainda k aveses tiña bastante medo de caer cando xojamos aos sejos cos disfrases

Anónimo dijo...

Estas clases foron moi divertidas para todos ainda que sentiamos medo cos antifaces.

Anónimo dijo...

Nestas actividades puidemos poñernos na pel dun cego ou dun discapacitado.
Ale e Sara 6ºA.

Anónimo dijo...

A min gustoume moito ainda k teña a rodilla mal Fabian 5º