sábado, 1 de mayo de 2010

Xogos adaptados

A unidade didáctica denominada xogos para tod@s incluiu deficientes visuais e discapacitados físicos.
Neste caso as sesións van encaminadas aos discapacitados físicos,a vivir sensacións de non poder mover as pernas;tipos de desprazamentos polo chan sin mover, ou intentalo polo menos, as extremidades inferiores.
Foi una difícil tarefa para os alumnos, algúns se lles olvidaban as regras de non moverse utilizando as pernas,outros facían trampas...
En fin penso que viviron un pouquiño na súa pel as difíciles situacións polas que poden pasar estas persoas ao longo da súa vida.
As actividades que se levaron a cabo foron xogos de pilla adaptados, sin usar as pernas, desprazándose por riba das colchonetas como podían;balón torre sentado,brilé sentado, voleibol sentado;xogos con globos....
Nestas actividades foi precisa adaptación de espazos,materiais, alturas,regras...pero todo foi có fin de lograr os obxectivos de vivenciar o máximo posible este tipo de discapacidad.

Foi unha actividade enriquecedora e motivante para os alumnos.

8 comentarios:

sillobre dijo...

Podo asegurar que a experiencia non só foi enriquecedora para os alumnos, senón tamén para o profesorado. Eu tiven a sorte de poder compartir co alumnado de 5º unha sesión de Educación Física e poiden comprobar que, nalgúns aspectos son moito mellores que nós, os adultos. Por exemplo, eles teñen unha gran capacidade de adaptación, saben meterse moi ben no papel que lles corresponde, non se negan a participar en algo descoñecido e o fan con gusto aínda que non é o seu medio habitual e teñan que verse limitados por unha serie de circunstancias (falta de vista, inmobilidade das pernas...)
Esta actividade é un bo exemplo da función da escola como trampolín para lanzar ós rapaces desde a familia á sociedade. E penso que os pais deberían estar orgullosos de que os seus fillos saiban desde pequenos poñerse na pel dos discapacitados para que, o día de mañá, formen parte dunha sociedade xusta onden axuden e compartan.
Todos somos distintos, e as diferencias de cada un axúdannos a medrar como persoas.
Grazas Estela por esta oportunidade que lle das ó noso alumnado

Estela dijo...

Como ti ben dis,son eles os principais protagonistas, e estanse esforzando a diario para sensibilizarse coas discapacidades traballadas;e ás veces mediante os xogos non se dan conta de todo o que son capaces de lograr,porque nese momento só ven que é divertido,o importante é transmitirlle o que intentamos que entendan a través desas actividades.Penso que o estamos logrando, pouco a pouco.
Hai moitas veces que oa alumnos ensínannos máis a nós, que nós a eles;eu espero que eles podan transmitir o que están aprendendo á sociedade na que vivimos,e a integración é un valor moi importante a exportar cara todo o mundo.Seguiremos traballando para iso.

manuel dijo...

ola Estela. Felicitarche pola experiencia. Creo que ademais de ser interesante como actividade para os rapaces e rapazas e a mellor maneira de entender o outro. A Integración comeza cando somos capaces de empatizar cos que estan o noso carón e que mellor xeito de empatizar que sentindo na nosa persoa as dificultadesdos demáis.
un saúdo e parabens.

Estela dijo...

Grazas Ali,eres a nai de Manu?.Creo que os nenos están facendo un bó traballo.
Agora empezamos cos patíns!!!

Anónimo dijo...

As actibidades foron entretidas

hugo dijo...

estan ben os xogos adaptados para discapacitados pero estan melor os dos cegos por que xogamos o gootbal.
hugo

Andrea Grille dijo...

esta ben porque aprendemos a facer cousas novas cousas que as fai un descapacitado e non e nada facil.
Andrea Grille.

Niño da Curuxa dijo...

Parabéns, Estela! Unha iniciativa preciosa, un traballo ben feito, unha resposta ideal... Que máis se pode pedir? Non hai máis que ler os comentarios dos teus alumnos. Para min é unha sorte estar no mesmo cole ca ti, e poder ver o moito que se pode facer cando se sabe o que hai que facer.